Un Deus-comuñón relanza unha igrexa-comuñón. E ningunha estrutura pode estar por enriba das persoas, máis ben ao contrario, ten que considerar á persoa concreta como reflexo e imaxe de Deus.

Dende o grupo dos apóstolos e demais persoas seguidoras de Xesús, calquera acción evanxelizadora debe realizarse en comuñón, de forma colexiada, e por este motivo dende hai varios anos hai un equipo de persoas que forman parte desta Delegación, e que acompañan, disciernen e se comprometen por unha igrexa pobre e dos pobres.

Nicolás Susena Presas, delegado de laicos, familia e vida.