Os Soños Constrúense Xuntos

Desde o Apostolado Segrar de Lugo vimos realizando un itinerario de formación desde a Fratelli Tutti vista desde 5 claves: chamada a vivir o modelo do BO SAMARITANO; crear un modelo económico onde se busque o ben común; migrantes, un corazón aberto ao mundo; un mundo sen guerra; e diálogo e reconciliación. A celebración da Vixilia de Pentecoste tratará de recoller dun xeito oracional e vivencial
este camiño coa Fratelli Tutti. Será o sábado 22 de maio ás 8, 30 na parroquia de S Francisco Xavier.
Na celebración do día de Apostolado de Segrar e da Acción Católica as mensaxes de Fratelli Tutti teñen que impulsar ao mundo laical da Igrexa que peregrina en Lugo a deixarse mover pola forza do Espírito Santo que sempre arrasa os medos e fortalece o servizo fraterno. Facer vida que “Os soños se constrúen xuntos” desde unha igrexa sinodal.