Whatsapps, Facebook, Twitter, Instagram, Skype, Zoom, … son nomes que non hai moito soarían a unha lingua estraña para nós, pero que hoxe forman parte das nosas rutas virtuais diarias. Trátase das redes sociais, cada vez máis presentes nas nosas vidas. É unha nova forma de relacionarnos que este mundo da internet nos está a ofrecer. Estes foros teñen como principal misión o conectarnos, que inter-actuemos, nelas funcionamos coas leis básicas da comunicación: “emisor e receptor”. Estes foros teñen un perfil no que amosan as súas fotos, o seu estado de ánimo, comentan os perfís dos demais … Pero cada vez podes inter-actuar de máis maneiras.

        O elemento básico do primeiro intinerario vivido no Congreso de Laicos 2020 tiña como finalidade aquilo para o que utilizamos ás Redes Sociais:  comunicar, “ser primeiro anuncio”, anunciar a Boa Nova, emitir Evanxeo.

O cristianismo é fundamentalmente cooperación existencial coa intervención salvadora de Deus na historia da humanidade que normalmente se realiza a través da testemuña, da Palabra e dos signos sacramentais encomendados ao pobo de Deus, a Igrexa.  (Lumen Gentium 1 e 48). A testemuña é ese primeiro anuncio no que se insiste no Congreso de Laicos, e vívese nos feitos, no compromiso, e na palabra, tratando de emitir, producir ou exhalar enerxía, sinais, impulsos, ondas, en todas as direccións que axuden ao noso mundo a descubrir a Boa Nova de Xesús de Nazaret. Lembrando sempre o anuncio fundamental: o amor persoal de Deus que se fixo home, deuse por nós e está vivo ofrecendo a súa salvación e amizade. (EG 128)

A característica do primeiro anuncio é a súa condición inequívoca de chamada, o seu carácter interpelativo ou provocativo, invitación a responder. E a sorprendente e orixinal grandeza do primeiro anuncio é que como tal é o portador e facilitador do que anuncia: o encontro inicial ou renovado con Xesucristo.

Levamos moito tempo escoitando que o “continente dixital” era o gran reto para a evanxelización. En canto ao contido, pero tamén como medio de encontro. Temos unha tarefa cultural para canalizar todo ese potencial. Temos ante nos o reto de comunicar a Xesús de Nazaret aos “nativos dixitais”. Pero tamén temos o perigo de “viralizar” a nosa fe, como nos avisou o Papa Francisco  hai unhas semanas nas súas homilías diarias; no sentido de non substituír o contacto humano e o cara a cara permanentemente polo encontro virtual.

        Que nos espera despois da Covid-19? Sen posibilidades de macro-encontros eclesiais, falta de encontros tu a tu, que non estaban xerando aparentemente o éxito desexado. Quedamos encerrados? Conformámonos con manternos? Que posibilidades temos de poñernos de novo en camiño?

No son preguntas para importunar o só para que queden no aire. Son inquedanzas ás que temos que ir respondendo e o mundo laical está en primeira fila para poder ir creando vieros novos ante os desafíos.