Participamos da vixilia celebra na parroquia de San Francisco Xavier na solemnidade de Pentecoste, coa que pechamos as festas de Pascua. O Espírito Santo é o gran protagonista en toda a época de Pascua e en toda a vida da Igrexa. E é que o Espírito Santo estivo no nacemento da Igrexa e que, ademais, sempre estará presente entre nós, inspirando as nosas vidas, renovando o noso interior e instándonos a ser testemuñas no medio da realidade que nos corresponde vivir.

A vida do cristián é unha existencia espiritual, unha vida animada e guiada polo Espírito cara á santidad e ou perfección da caridade. Pedimos unha vez máis ao Espírito Santo que nos dea os seus dons e a súa forza e, sobre todo, nos faga testemuñas fieis de Xesucristo, o noso Señor e que nos axude:

-Tomar conciencia da nosa vocación bautismal, da chamada universal á santidade e, polo tanto, da responsabilidade laica nas nosas comunidades e na transformación do mundo.

  • Promover a caridade política como corazón da identidade e da espiritualidade seculares.
  • Transmitir, dende o discernimento, unha ollada de esperanza ante os novos retos sociais.
  • Ser un espazo de comuñón para a acción misioneira.Facer visible a realidade dun laico que, desde o corazón das parroquias, se sinte «discípulos misioneiros».