O impacto da realidade  que vivimos fai que se agolpen sensacións e ideas nos nosos corazóns,  unha montaña rusa  de emocións,  pois ninguén de nos se houbera imaxinado hai uns meses un mundo como o que estamos a vivir.

A reclusión para evitar a infección, medo e incerteza de como será o mundo despois de Covid-19, farsas e Fake News que sementan novos medos. E Xesús aparece vivo entre nós, ofrécenos a paz, ponse no centro dos nosos medos, queda connosco, coñece a soidade dos que viven sós, ou ruído da familia con tele-estudo, tele-traballo.

         A pandemia non paralizou a vida da igrexa. Suprimiuse o culto público, pero cada fogar converteuse nunha igrexa doméstica. A experiencia da fe en Xesucristo non consiste unha práctica de rituais para gañarse o favor de Deus. O Cristianismo é unha cooperación existencial coa acción salvadora de Deus na historia da humanidade que se realiza a través do testemuño, da Palabra e dos signos sacramentais. Xunto á vida oculta da igrexa doméstica xurdiron moreas de respostas ante necesidades concretas. Unha das grandezas do apostolado segrar é a súa presenza no medio das realidades dolorosos do mundo, chegando ós últimos recunchos, facendo presente á igrexa que vive en medio dos seus fillos e fillas en todos os ambientes. Sería incompleto un inventario de todo ó que a igrexa impulsou a raíz deste tempo de crise. Pero abundan iniciativas de escoita ós que sofren, no caso dos que viviron un duelo difícil de procesar. As parroquias abriron o seu arsenal caritativo cunha imaxinación desbordante. 

Da a sensación de que o Congreso do Laicado 2020 foi fai moito tempo. Pero ó que vivimos estes dous meses puxo en práctica o tratado nos catro itinerarios no Congreso:

Primeiro Anuncio: porque hoxe máis que nunca é preciso anunciar a boa nova da vitoria do Xesucristo resucitado sobre o mal e sobre a morte. Recoñecemos a nosa fraxilidade, palpamos os límites da nosa vida, reflexionamos sobre o carácter da vida. Moita xente abriuse ós preámbulos da fe, viviron un primeiro anuncio a través da presenza e audacia de profesionais sanitarios crentes. O cristianismo como relixión revelada e transmitida por actos e palabras. 

Acompañamento: porque se non estamos cos que sofren esta crise sanitaria, que despois será económica e social, non seremos fieis á nosa vocación evanxélica. Acompañar é realizar o que dixo o Concilio Vaticano II na súa Constitución pastoral «as alegrías e esperanzas, as tristezas e as angustias dos homes do noso tempo, especialmente dos pobres e dos que sofren » (GS 1).

 Procesos formativos: probablemente o ritmo frenético da nosa vida deixou paso para permitir un maior silencio interior, no que moitas preguntas xorden ante a fraxilidade da vida e da nosa condición humana. Abriuse o espazo virtual para ofrecer respostas ás inquietudes dos nosos contemporáneos. E esta é unha bendición. Non sen ambigüidade, pero seguramente este impulso continúa. O propio Papa Francisco avisounos hai unhas semanas na súa homilía diaria do perigo de «viralizar» a fe. No sentido de non substituír a contacto humano e o cara a cara permanentemente.

Presenza na vida pública: os cristiáns deron un exemplo de vida cívica nesta situación. Moitos «heroes anónimos» xurdiron por fe. E a responsabilidade social coa que se enfrontou esta situación solidariamente dá moita esperanza. Comprobamos como nunca antes os lazos que nos unen. A responsabilidade social levounos máis a preocuparnos non por contaxiarnos, senón por non contaxiar, é moi revelador do solidariedade humana. Todos somos actores, todos sumamos. Os que se quedaron na casa, os que estaban na fronte, os que seguiron garantindo a educación das novas xeracións, e os que protexen aos nosos maiores.

A normalidade virá seguramente precedida dun longo tempo de reconstrución. A Igrexa debe asegurarse de que a reconstrución se faga baseándose na inviolable dignidade da persoa humana. Esta atención integral é unha prioridade: non só material, senón tamén espiritual. A tarefa da reconstrución pertence a todos. Todos somos actores, todos sumamos.

A experiencia pascual empúrranos a ser igrexa en saída para ser ligazón de comuñón para o mundo novo que esta a xurdir. Neste novo Pentecoste estamos chamados a despregar a vida desde a propia vocación laical; que o espírito da igrexa doméstica que nos alimentou nestes días de pandemia non se perda, senón que sexa un primeiro paso da conversión pastoral tan ansiada, onde a comuñón xera misión, e se fomenta unha nova forma de comuñón de bens.

O Covid-19 non fixo que a experiencia do Congreso do Laicado quedará aparcada, máis ben é unha chamada a realizar con máis confianza e ilusión os proxectos e iniciativas que o documento final nos presenta.

O soño dun Pentecoste renovado na nosa Igrexa converterase nunha realidade a medida que incorporamos en todas as nosas accións un estilo de traballo pastoral que está marcado por dous eixes transversais do Congreso: a sinodalidade e o discernimento.

O post-congreso é un camiño aberto e depende de todos nós: bispos, sacerdotes, relixiosos, laicas e laicos… Non perdamos a capacidade de seguir soñando xuntos. Este proceso agora ten unha clara continuidade. No Congreso recibimos o reto de ser unha Igrexa en saída, que camiña en sinodalidade, tomando conciencia de Pobo de Deus e da necesidade de ir ó encontro dos demais, deixándonos tocar pola realidade do noso tempo e sentíndonos parte do mundo.

Que a forza resucitadora do Espírito acompañe ao noso pobo e cure os corazóns desgarrados, que nos encha de esperanza e sigamos sendo Igrexa en saída, buscando un Pentecoste renovado nestes momentos actuais. Feliz festa de Pentecoste.