•Durante a crise do COVID19 os crentes de todas as relixións atopáronse xunto a outros para axudar aos que máis sofren, aos que non tiñan nada que comer, independentemente da súa relixión, credo ou orixe, sen facer diferenzas e discriminacións.

A pandemia ofrécenos un tempo para animarnos, un tempo de solidariedade coas persoas vulnerables e un tempo para rezar, para entender o que está pasando no noso mundo.

Unímonos como crentes en todo o mundo