Os fieis cristiáns están excusados de asistir á Eucaristía, os domingos e días santos. Podese seguir a Santa Misa en radio ou televisión, así como en internet. A comuñón espiritual é unha práctica tradicional da Igrexa que temos que recuperar nestas circunstancias, e pode ser unha ocasión para a santificación e a comuñón eclesial.

Quedan suspendidas as celebracións comúns e públicas da Santa Misa

Os templos das nosas dioceses permanecerán abertos, a non ser que as autoridades sanitarias digan o contrario, como sinal de esperanza e dispoñibles para os fieis para que poidan ir a rezar sen multitudes e vivir en silencio nestes momentos difíciles. De acordo coa nosa fe, que nos invita a confiar sempre en Deus, exhortamos a todo o Pobo de Deus á oración, confiando a situación pola que estamos atravesando ó Señor e a Santísima Virxe María.

Os cristiáns deben responder de xeito responsable e a través da caridade, xerando novas formas de presenza e coidado, particularmente cara ás persoas que están soas ou abandonadas. Agora máis que nunca necesitamos renovar a nosa confianza en Deus e reavivar en nós o don da caridade. Agradecemos tamén o traballo desinteresado que realizan os profesionais sanitarios.