Achégase o Congreso de Laicos 2020, os participantes en representación da nosa diocese de Lugo preparan os últimos detalles antes de partir o día 14 de febreiro e vivir unha experiencia de comuñón co laicado de toda España. A experiencia do Espírito lávanos a comprender que o resultado do Congreso non so dependa do que aconteza os días 14, 15 e 16 en Madrid, senón tamén da implicación das comunidades diocesanas desde a oración e a comuñón. Por iso invitamos ás parroquias, comunidades relixiosas, grupos e movementos da nosa diocese a ter durante algún momento do Congreso un encontro de oración polos traballos e froitos do Congreso, e que se faga esa mesma petición nas oracións dos fieis nas misas dominicais do domingo día 16.

No lugar do Congreso, que se celebrará no Pavillón de Vidro da Casa de Campo, terá habilitada unha capela para que os participantes poidan rezar. Durante certas horas ao día, coincidindo cos momentos do traballo, o Santísimo Sacramento estará exposto de xeito que, mentres os congresistas traballan, algunhas persoas están rezando polos seus froitos nese mesmo lugar.