CHARLA – COLOQUIO: A DIGNIDADE DO TRABALLO E O TRABALLO DECENTE

Ponente: Francisco Porcar

Lugar: O Vello Cárcere (Lugo)

Día e hora: 7 de outubro, ás 7 da tarde

A Organización Internacional do Traballo proclamou o 7 de outubro a Xornada Mundial polo Traballo Decente, porque é imposible vivir nunha sociedade verdadeiramente humana, xusta e democrática, se as condicións de traballo non son dignas para unha gran parte da poboación; é máis, os pobres son, en moitos casos, o resultado da violación da dignidade do traballo humano ou da ausencia del.

Organiza: Asociación Juan Soñador, Cáritas, CONFER e a Hermandad Obrera de Acción Católica (HOAC),