De novo tras vivir intensamente este tempo pascual, ímonos preparando para celebrar a Solemnidade de Pentecoste, a festa do Espírito Santo, e para revivir a presenza do Señor nas nosas vidas. O lema para este ano 2018 que foi escollido pola Comisión Episcopal de Apostolado Seglar é “Discípulos misioneiros de Cristo, Igrexa no mundo”, centrando a mensaxe en que se somos seguidores de Jesús, temos unha misión, e ademais subliñando a vocación de saír fóra dos templos para afondar nos problemas que hai na nosa sociedade.

CARTEL 2018 PENTECOSTES

Por iso é polo que os bispos da CEAS lémbrannos o lema, sinalando:

Ser discípulos misioneiros de Cristo consiste en estar atentos ás necesidades dos nosos irmáns, especialmente dos pobres e os excluídos e converternos para eles en oasis de misericordia, loitando por un mundo máis xusto e solidario.

Ser discípulos misioneiros de Cristo significa encarnar a vocación ao Amor á que estamos chamados, especialmente no cotián (familia, traballo, lecer, etc.), sabendo acoller e aprender de todos.

Ser discípulos misioneiros de Cristo pide o compromiso no coidado e respecto da creación.

O discípulo misioneiro de Cristo é, en definitiva, aquel que non se deixa roubar a alegría e a esperanza, porque puxo a súa confianza plena no Señor, que é «fonte e orixe de toda alegría» (cf. EG, n. 1).

As principais actividades que organizaremos na diocese de Lugo, en colaboración coa Delegación de misións, son as seguintes:

Manolo Regal

 En primeiro lugar, o venres 18 de maio, ás 20:00 h., no salón de actos do Seminario de Lugo, teremos unha Charla, baixo o título de “Ao servizo do mundo coa forza do Espírito”, que impartirá Manuel Regal, delegado de pastoral rural da diocese de Mondoñedo-Ferrol.

O sábado 19 de maio teremos a ASEMBLEA DIOCESANA DE LAICOS, á que queremos que acudan seglares de toda a diocese: de parroquias, mestres, catequistas, membros de asociacións e movementos, voluntarios de Cáritas, confrades, etc.

 sdblugo02

O lugar é o Colexio Divina Pastoral de Lugo (Salesianos), co seguinte horario:

17:30 h. ASEMBLEA DIOCESANA DE LAICOS (haberá atención a nenos, prégase avisar con antelación).

20:15 h. Vixilia de Pentecoste

 2017_Carrasco_Rouco_Alfonso

En canto ao domingo 20 de maio, a nivel diocesano estamos convidados a participar activamente da Eucaristía de Pentecoste, que presidirá o noso pastor, D. Alfonso Carrasco, ás 13:00 h., na I. B. Catedral de Lugo.

Desde o Equipo da delegación agardamos que estas actividades nos poñan en actitude de servicio, de encontro cos irmáns, en especial dos que máis están a sofrer, e que vivamos co entusiasmo de sabernos bendicidos polo Deus amor e comuñón.

 

Mensaje de los Obispos de la CEAS con motivo del Día de Acción Católica y Apostolado Seglar 2018