foto cartel para web

As Delegacións de Apostolado Seglar de Lugo e Santiago de Compostela, como en anos vindeiros, organizan durante este curso 201672018, tres retiros espirituais para todas aquelas persoas interesadas en profundizar nun mesmo e na dimensión espiritual da persoa.

portada-seminario-lugo

Os primeiros serán ás portas de advento, no Seminario Diocesano de Lugo, do 1 ao 3 de decembro de 2016; os seguintes en tempo de nadal, do 2 ao 5 de xaneiro de 2017, na Casa Diocesana de Exercicios de Santiago de Compostela.  Por último, haberá un retiro no tempo forte de coresma, do 9 ao 11 de marzo, no mosteiro de Santa María de Sobrado dos Monxes (Patrimonio da Humanidade).

casa del arco sobrado

Estes retiros, repetimos, están abertos a seglares de diferentes lugares e procedencia (de parroquias, de movementos e asociacións, amigos, etc.), para que poidan participar activamente e compartir a súa experiencia de fe neste tipo de encontros profundos cun mesmo, co Señor e cos irmáns.

oratorio01

Os horarios e ponentes son os seguintes:

  • Do venres 1 ao domingo 3 de decembro de 2017, retiro espiritual no Seminario Diocesano de Lugo, impartido por D. Óscar Bartolomé, salesiano, director do colexio Divina Pastora e Lugo. Comezamos o venres 1 de decembro ás 19:00 e rematamos o domingo 3 de decembro co xantar, ás 16:00. A pensión completa de todo o retiro é de 80 € (40 €/día) e son 10 € se é só un xantar ou unha cea.

  • Do martes 2 ao venres 5 de xaneiro de 2018, retiro espiritual na Casa Diocesana de Exercicios de Santiago de Compostela, impartido polo sacerdote da diocese de Astorga D. Santiago Fernández. Comezamos o martes 2 de xaneiro ás 13:00 e rematamos o venres 5 de xaneiro co xantar, ás 16:00. A pensión completa de todo o retiro son 120 €, e para estudantes ou desempregados 90  €.casa ejerc stgo

  • Do venres 9 ao domingo 11 de marzo de 2018, retiro espiritual en Sobrado dos Monxes, impartido polo prior, D. Carlos G. Cuartango. Comezamos o venres 9 de marzo coa oración das vísperas coa comunidade do monxes, ás 19:00, pero convén chegar antes para situarse no lugar e nas habitacións; e rematamos o domingo 11 de marzo co xantar, ás 16:00. A pensión completa de todo o retiro é 90 € (45 €/día).

20150724-directorLugo01comedor-1

Tedes aquí a convocatoria: Apostolado Seglar díptico ejercicios_18. Para apuntarse, o para plantexar calquera cuestión ou pedir máis información, pode enviar un correo electrónico ou chamar por teléfono:

É unha graza poder ter estes espazos comunitarios para afondar no silencio, na Palabra de Deus, e nos irmáns: aproveitemos estos encontros persoais e de oración, para coidar a nosa interioridade cara unha maior cercanía con Deus e os demais.