O sábado 5 de novembro, tivemos un Encontro de seglares no Seminario diocesano de Lugo, para profundizar na Misión e misericordia nos laicos, acompañados polo vicario de Pastoral, D. Luis Manuel Rodríguez Pérez.

Despois do rezo de Laudes cunha reflexión moi suxerente, guiado polo grupo de Apostolado da Oración, houbo unha reflexión introductoria do tema polo párroco de S. Francisco Javier de Lugo e especialista en Biblia, Jesús Fernández Aira.

Partiu do encontro de Deus, lembrando a Spes Salvi cando se afirma que “a esperanza do Cristián é Deus, pero un Deus con rostro humano, que ama á humanidade no seu conxunto”.  Así, o ponente salientou que a primeira experiencia do pobo de Deus de Israel é a dun Deus nai, e parte da experiencia dunha querencia que ten unha nai de seu fillo, de aí a expresión “entrañas” e “misericordia”, cunha mesma etimoloxía.

Resaltouse a importancia de vivir a misión: por unha banda o papa Francisco na Misercordiae Vultus fala de dar prioridade ao encontro da persoa e vivir a misericordia, como viga mestra da nosa fe. Así, o ponente lembrou que a pregaria eucarística 5ª recolle 2 imaxes: a Igrexa como hospital de campaña, e a misericordia como viga mestra da Igrexa. En definitiva, unha Igrexa onde o centro é o pequeno, o enfermo, o ancián, o drogadicto, o que sofre.

Encontro laicos 02

En canto á misión, a Igrexa debe ser o abrazo de Deus ao mundo. E neste sentido, á pregunta de como vivimos unha Igrexa en saída, propúxonos non unha dualidade das obras de misericordia (espirituais vs. corporais), senón un novo redimensionamento desas accións, englobando varias e renovándoas, integrándoas de xeito que se supere o dualismo. Unha nova proposta de 7 obras de misericordia:

  1. Axudar aos pobres (e acompañalos)
  2. Acompañar aos enfermos
  3. Acopañar aos cansos e anguriados (cunha mediación personalizada)
  4. Acoller aos migrantes (apoiar o desenvolvemento dos países de orixe, e a acollida como reto para a sociedade e desafío para a Igrexa)
  5. Traballar pola reconciliación
  6. Coidar a casa común (“conversión ecolóxica”)
  7. Colaborar por unha cultura da misericordia (o evanxeo da misericordia ten que facerse cultura)

Podedes descargar aquí a ponencia: UNA IGLESIA EN MISIÓN CON ENTRAÑAS DE MISERICORDIA

Dividímonos en 4 grupos para traballar 3 bloques temáticos, e poñémosvos as cuestións porque poden valer a moitas persoas a título persoal ou incluso para traballar en grupos.

(Bloque A) Descubrir o rostro misericordioso do Pai

  • ¿Qué aspectos he descubierto o redescubierto de Dios?
  • ¿Experimento alguna relación entre misericordia e interioridad?
  • ¿La misericordia es algo de Dios o de la persona? ¿Cómo la vivimos en la Iglesia?
  • ¿Qué puede significar hoy vivir la misericordia en relación a la familia, sus procesos y relaciones

(Bloque B) Igrexa nai de misericordia

  • ¿Qué acciones eclesiales manifiestan hoy la misericordia de Dios?
  • ¿Qué cambios debiéramos hacer como Iglesia para crecer como Iglesia misericordiosa?
  • ¿Qué consecuencias tiene la misericordia para la praxis de la Iglesia?

(Bloque C) Cultura de misericordia

  • ¿Qué dificultades o qué oportunidades comporta el mundo contemporáneo para vivir la misericordia?
  • ¿Es o no posible que la misericordia adquiera relevancia social más allá de la justicia?
  • ¿Cómo transmitimos la misericordia con nuestros vecinos, en nuestro barrio?
  • ¿En nuestra profesión y en nuestra familia y amigos qué misericordia hacemos ver?

Tivemos un momento de pausa para tomar un café servido xentilmente no Seminario, estirar as pernas e ter pequenas charlas entre os presentes, que foi positivo, porque seguen sendo necesarios espazos de interrelación persoal.

O compartir das experiencias vitais foi moi enriquecedor, e resumimos aquí algunas das aportacións.

En relación co Bloque A, falouse de varios aspectos de Deus re-descubertos: o abrazo de Deus Pai/Nai aínda que sexas pecador, o Deus da mediación ante a rixidez, un Deus que desborda todas as imaxes, un Deus que se descentra e a urxencia de superar cada un o vivir a autoreferencialidade.

Víase como unha relación total e única a misericordia e a interioridade, estamos en proceso continuo de conversión. Asemade insistíase en ter xestos de tenrura, en xestos que visualicen o amor de Dues e acoller ao irmán mesmo que non nos caia ben. Tamén se falou de que en xeral estamos máis preto da sensibilización que de actuacións profundas e concretas.

Encontro laicos 01

As respostas ás cuestión do Bloque B falaron das accións que amosan misericordia: a acollida a nais solteiras, o traballo de Cáritas, a atención a presos; o acompañamento como visitas a enfermos, persoas maiores, a catequese e o ecumenismo. En canto a cambios a facer, falouse de atender e escoitar a persoas en situación difíciles, de ser máis humildes, tamén máis valentes, facer sentir a Igrexa como unha grande familia, manter o acento en sectores en crise

En canto ao Bloque C, víase como dificultade o individualismo e como oportunidade a necesidade da oración e da intimidade con Deus. Comentouse que parece difícil crear un ambiente familiar porque a nós nos faltan auténticas entrañas de misercordia. Concluise que facemos ver a misericordia cando actuamos de xeito coherente, pero non nos é posible ver resultados, porque somos instrumentos de Deus.

Rematou a xornada o ponente, lembrando que a xustiza de Deus é a misericordia, e tivemos un momento de oración final, organizado por Taller de Oración e Vida, resaltado nunha oración de alabanza.