Apostolado Seglar cartel ejercicios_17

As 5 Delegacións de Apostolado Seglar das dioceses que compoñen a provincia eclesiástica galega (Santiago de Compostela, Lugo, Mondoñedo-Ferrol, Ourense e Tui-Vigo) organizan durante este curso 2016/2017, catro retiros espirituais.

 casa lugo

Os primeiros serán ás portas de advento, na Casa Diocesana de Exercicios de Lugo, do 25 ao 27 de novembro de 2016; os seguintes en tempo de nadal, do 2 ao 5 de xaneiro de 2017, na Casa Diocesana de Exercicios de Santiago de Compostela.  Despois haberá un retiro no tempo forte de coresma, do 10 ao 12 de marzo, no mosteiro de Santa María de Sobrado dos Monxes (Patrimonio da Humanidade) e os últimos serán no tempo pascual, do 30 de abril ao 2 de maio, na Casa de espiritualidade Santa María do Mar (Dorrón – Sanxenxo).

CASA EJERCICIOS STGO

CAPILLA SOBRADO 01

A comuñón eclesial faise tamén con xestos como o de coorganizar estes retiros, que neste curso fan por primeira vez de forma conxunta as 5 delegacións diocesanas de Galicia. É unha forma de que os seglares de diferentes lugares e procedencia (de parroquias, de movementos e asociacións, amigos, etc.) coñezan e poidan participar activamente neste tipo de encontros profundos cun mesmo, co Señor e cos irmáns.

dorron01

Os horarios e ponentes son os seguintes:

  • Do venres 25 ao domingo 27 de novembro de 2016, retiro espiritual na Casa Diocesana de Exercicios de Lugo, impartido por D. Manuel Regal, Lic. en teoloxía bíblica e autor de varios libros espirituais. Comezamos o venres 25 de marzo ás 19:00 e rematamos o domingo 27 de marzo co xantar, ás 16:00. O comezo das charlas-meditacións será o sábado ás 10 da mañá e ás 16:30 da tarde, a eucaristía será ás 19:30 e o domingo comezaremos ás 10 da mañá. A pensión completa de todo o retiro é de 76 € e son 12 € se é só un xantar e 10 € se é só unha cea.

  • Do luns 2 ao xoves 5 de xaneiro de 2017, retiro espiritual na Casa Diocesana de Exercicios de Santiago de Compostela, impartido polo sacerdote D. Antonio Cano. Comezamos o luns 2 de xaneiro ás 13:00 e rematamos o xoves 5 de xaneiro co xantar, ás 16:00. A pensión completa de todo o retiro son 120 €, e para estudantes ou desempregados son 90 €.

  • Do venres 10 ao domingo 12 de marzo de 2017, retiro espiritual en Sobrado dos Monxes, impartido polo prior, D. Carlos Gutiérrez Cuartango. Comezamos o venres 10 de marzo coa oración das vísperas coa comunidade do monxes, ás 19:00, pero convén chegar antes para situarse no lugar e nas habitacións; e rematamos o domingo 12 de marzo co xantar, ás 16:00. A pensión completa de todo o retiro é 90 €.

  • Do domingo 30 de abril ao martes 2 de maio de 2017, retiro espiritual na Casa de espiritualidade Santa María do Mar, en Dorrón – Sanxenxo. Comezamos o domingo 30 de abril pola tarde e rematamos o martes 2 de maio. A pensión completa de todo o retiro é de 70 €.

manuel regal PRIOR SOBRADO

Tedes aquí a convocatoria: Apostolado Seglar díptico ejercicios_17, pero quen teña dúbidas ou queira máis información, pode enviar un correo electrónico ou chamar por teléfono:

Aproveitemos estos encontros persoais e espazos de oración e silencio, para coidar a nosa interioridade cara unha maior cercanía con Deus e os demais.