O domingo 15 de maio, solemnidade de Pentecoste, celebrouse o Día da Acción Católica e do Apostolado Segrar. Con ese motivo, organizouse o Xubileo de movementos, asociacións e confraría, a iniciativa da Delegación de apostolado seglar da nosa diocese, en colaboración coa Xunta de confrarías de Lugo.

xubileo laicos

Ás 12 da mañá xuntáronse decenas de seglares na Igrexa parroquial de S. Pedro, onde o Vicario Xeral, D. Mario Vázquez, fixo fincapé nunhas breves orientacións a ter en conta neste Xubileo diocesano. Destacou os catro distintos xeitos de moverse: andar, pasear, camiñar (facemos camiño en la vida) e, a mellor forma de facer ese camiño, é peregrinar, ou sexa, santificar o camiño e, en especial, non odiar nin xulgar, ser capaces de perdoar, sobre todo a quen máis nos custa.

Posteriormente, fíxose a peregrinación, levando os respectivos estandartes os membros das confrarías, ata a porta norte da Catedral de Lugo, pasando polas rúas principais do centro: Santo Domingo, rúa da Raíña, Praza Maior e Praza de Santa María. Aquí o Sr. Bispo de Lugo, D. Alfonso Carrasco, recibiu aos peregrinos, para ir á fachada principal da Catedral de Santa María, e entrar xuntos na Porta Santa, entonando o cántico do Salmo 121 (Saúdo a Xerusalén). Foi moi emotivo o percorrido ata o altar maior, onde ás 13h. celebrouse a Eucaristía de Pentecoste, presidida polo Sr. Bispo.

xubileo-leigos-peregrinación

Agradecemos a presencia de todos os membros dos movementos, asociacións e confrarías, así como todos os seglares que participaron activamente nesta peregrinación e na eucaristía de Pentecoste. Tamén a cobertura informativa dada pola Delegación de medios da diocese de Lugo.

Asemade, tal agradecemento facémolo extensivo ao Rector do Seminario, que entonou os cánticos na eucaristía, ao Vicario Xeral, que animou a peregrinación, e ao Sr. Bispo de Lugo, por acompañar e transmitir as súas agarimosas verbas de vida, de xeito que os laicos sexamos testemuñas da misericordia.