A véspera de Pentecoste, o sábado 14 de maio, comezou cunha xuntanza no Centro S. Vicente de Paúl de Lugo, cunha acollida moi agarimosa de dúas persoas internas do centro, Fernanda e Manolín, que deron unha benvida persoalizada a cada persoa que se achegaba. Como ese Deus persoal que se nos achega día a día nas nosas tarefas.

sabado 14 mayo 16 grupos mas

A oración intermedia, moi ben preparada, fixo de convite a un diálogo cordial e unha escoita activa que serían a tónica dominante do traballo da mañá. Si, traballo porque a Asemblea diocesana dos laicos da diocese, que comezou ás 11 da mañá, propúxose como un compartir das experiencias de fe, en torno a unhas preguntas previas elaboradas polo equipo da Delegación, ese pequeno gran grupo de seglares comprometidos que tan ben traballan xuntos.

sabado 14 mayo 16 grupos

Divididos en catro grupos, e distribuidos polo centro, compartiron a súa experiencia de Deus, como ven e transmiten misericordia no día a día, e tamén compartiron as súas inquedanzas en torno á necesidade da formación dos cristiáns.

Tras a posta en común dos secretarios de cada grupo, ás 14:00 tamén compartimos xantar, e como cadaquén trouxo algo, foi moi participado e alegre. Ata houbo algunhas cancións! 

En torno das 15:30, Sor Alicia fixo unha presentación do Centro, e amosounos cun par de vídeos os principais actores e actrices do Centro: os homes e mulleres con discapacidade intelectual (que non amorosa) que viven alí e traballan no centro ocupacional.

sabado 14 mayo 16

Vimos con que agarimo son coidados polas relixiosas Fillas da Caridade, traballadores e voluntarios. E tamén a paciencia que teñen cando fan traballos manuais, e a grandeza do que fan, e como o fan: velas, cerámica, etc.

IMG-20160517-WA0000

A Vixilia este ano foi especial, porque os internos e internas, relixiosas e coidadores, traballaron arreo varias xornadas, colaborando moi activamente na vixilia. Presentando os dons, os froitos do Espírito Santo e símbolos dos dons, amosáronnos a ledicia da misericordia de Deus dunha forma tan nítida que se respiraba tenrura e alegría.

IMG-20160517-WA0003

A vixilia consistiu dunha eucaristía presidida por José Mª. Rouco, crego que acompaña cunha dozura especial aos internos do centro. Notábase esa igrexa comunidade, onde todos cabemos, e onde todos debemos ser responsables uns doutros.

IMG-20160517-WA0002

Temos que agradecer a esas persoas que superan día a día as súas limitacións con ledicia, que nos ensinan que o cariño e amor fai visible a esperanza. As velas que fixeron coas súas mans son unha ofrenda permanente do traballo das persoas por facer do mundo unha familia de irmáns.

IMG-20160517-WA0001

Tamén agradecer ás relixiosas das Fillas da Caridade: como decoraron a capela, como tiñan todo preparado, os folletos das cancións, etc. Rostros da misericordia do Pai, do que temos moito que aprender.

E grazas a quen compartiron a festa da Igrexa, comunidade de crentes, que nos impulsa a ser testemuñas da misericordia do Pai.