O pasado venres 13 de maio, o responsable de Difusión da Comisión Permanente da HOAC (Irmandade Obreira de Acción Católica), Jesús Fernández-Pacheco impartiu una conferencia no salón de actos do Seminario diocesano de Lugo, baixo o título “Laicos, testemuñas da misericordia”, dentro das actividades organizadas pola Delegación de apostolado seglar da diocese de Lugo no fin de semana da solemnidade de Pentecoste, en colaboración coa Delegación de misións.

J-Fdez-Pacheco-e-Alfredo-Losada

A misión dos laicos, segundo Jesús Fernández-Pacheco, hai que vela desde 4 claves:

1) acompañar

2) propiciar unha nova maneira de entender a realidade

3) facer o posible para que as institucións se poñan ao servizo dos empobrecidos

4) dar visibilidade a experiencias alternativas que beneficien aos empobrecidos

Para que o apostolado dos laicos dea máis froito é importante a formación e decatarse da importancia da oración, de experimentar que Deus dinamiza a nosa vida, e que ser fillos de Deus é construír fraternidade, na Igrexa e na sociedade.

viernes

Jesús Fernández-Pacheco fíxose eco en varios momentos da súa intervención ás conclusións do encontro de laicos celebrado o 7 de novembro de 2015, froito do traballo de varios seglares sobre o documento Apostolicam Actuositatem (Decreto sobre o apostolado dos seglares), co gallo do 50 aniversario da súa promulgación no Concilio ecuménico Vaticano II.

Dende a Delegación de apostolado seglar, agradecemos ao Sr. Reitor do Seminario de Lugo, por acollernos e deixar un espazo para a formación dos laicos. Tamén á delegación de medios, que deu sobrada cobertura desta actividade: http://www.anosavoz.com/laicos-testemunas-da-misericordia-charla-de-jesus-fernandez-pacheco/

E por suposto agradecemos ás persoas que se achegaron e compartiron as súas inquedanzas e. en maior medida, a Jesús Fernández-Pacheco, por compartir connosco a súa experiencia de fe e compromiso, con mozos na parroquia da Inmaculada Concepción de Alicante, na Escola de axentes de pastoral da diocese de Orihuela-Alicante e o seu servizo á Igrexa agora como responsable de difusión na Hoac.

cartel viernes