As Delegacións de Apostolado Seglar das dioceses de Lugo e Santiago de Compostela organizan, por primeira vez de forma conxunta, no tempo forte de Coresma neste 2016 dúas tandas de exercicios, uns no mosteiro de Santa María de Sobrado dos Monxes, recentemente declarado Patrimonio da Humanidade, e outros na Casa Diocesana de Exercicios de Lugo.

oratorio sobrado

Este xesto de coorganizar estes exercicios por parte das dúas delegacións diocesanas é unha mostra práctica de comuñón eclesial, un camiñar conxunto da igrexa, de xeito que se quere favorecer que moitos laicos (de parroquias, de movementos e asociacións, amigos, etc.) coñezan e poidan participar activamente neste tipo de encontros profundos en momentos fortes para os cristiáns, como é o tempo de Coresma. Precisamente é unha forma de visibilizar a participación de moitas persoas das dúas dioceses que veñen acudindo a estes exercicios nos últimos anos.

En canto as exercicios no mosteiro de Sobrado, adoitan constar de catro charlas, transcurrindo as xornadas en atención á liturxia das horas. Hai tempos de silencio e tamén tempos de compartir experiencias. Recomendamos a estancia completa ao tratarse dun retiro cun carácter máis ínterno.

casa lugo

No tocante aos que se realizan na Casa Diocesana de Exercicios de Lugo, posibilitan un espazo de reflexión e oración, e ao estar nun entorno urbano, poden acudir ás charlas persoas que prefiran non durmir na Casa, aínda que loxicamente aconsellamos estar todo o tempo en ambiente de retiro.

Por último, atendendo aos consellos en torno a este ano xubilar da misericordia, haberá un tempo en cada retiro para unha celebración compartida e unha vivencia profunda do perdón permanente que nos ofrece Xesús.

Carlos-CuartangoPREMIOS MURALLA

Os horarios e ponentes son os seguintes:

  • Do venres 26 ao domingo 28 de febreiro de 2016, exercicios en Sobrado dos Monxes, impartidos polo prior, D. Carlos Gutiérrez Cuartango. Comezamos o venres 26 de febreiro coa oración das vísperas coa comunidade do monxes, ás 19:00, pero convén chegar antes para situarse no lugar e nas habitacións; e rematamos o domingo 28 de febreiro co xantar. A pensión completa é 45 €/día, e de venres a domingo son 90€.

  • Do venres 11 ao domingo 13 de marzo de 2016, exercicios na Casa Diocesana de Exercicios de Lugo, impartidos polo sacerdote salesiano, D. Xabier Blanco Vilar. Comezamos o venres 11 de marzo ás 19:00 e rematamos o domingo 13 de marzo co xantar. A pensión completa son 38 €/día e son 12 € se é só xantar e 10 € se é só cea.

Tedes aquí a convocatoria: Apostolado Seglar díptico ejercicios_2016, pero quen teña dúbidas ou queira máis información, pode enviar un correo electrónico a calquera dos seguintes enderezos: laicos@diocesisdelugo.org ou javierporro@archicompostela.org. Tamén podedes chamar aos teléfonos 639938216 ou 680429626.

É unha graza poder dispor destes encontros, aproveitémolos. Animádevos, é bon coidar a nosa interioridade, como tamén coidamos outros aspectos das nosas vidas.