Con este título, convócase unha conferencia que impartirá D. Santiago Agrelo, arcebispo de Tánger, este mércores 7 de outubro, ás 20:00 h., no Seminario de Lugo.

Organizada pola Delegación de Misións da diocese lucense, D. Santiago Agrelo, falará, desde un coñecemento e unha vivencia cercana ás persoas que chegan ata o Norte de África, do problema da inmigración na fronteira. “Cada ano presumimos de que nos visiten 60 millóns de turistas, pero pechamos a fronteira a estes 4.000 ou 5.000 inmigrantes”. Unha política “equivocadamente economicista”.

Achegamos enlace á entrevista feita ao arcebispo de Tánxer na TVG o pasado domingo, no programa Polo Camiño da Fe.

cartel-conferencia-DOMUND-galego