As Delegacións Episcopais de Apostolado Seglar, Misións e Cáritas Diocesana de Lugo, convocan a todos os lucenses crentes ou non crentes, a unha eucaristía polos refuxiados e inmigrantes que terá lugar este venres 11 de setembro de 2015, ás 19:00, na parroquia de S. Francisco Javier de Lugo.

Posteriormente, haberá unha concentración na praza da parroquia, cun minuto de silencio e lectura dun manifesto.

Lembramos que desde Cáritas Española, a Comisión Episcopal de Migracións, CONFER, o Sector Social da Compañía de Xesús e Xustiza e Paz teñen reiterado a súa vontade de desenvolver unha estratexia estatal conxunta como entidades de acción social da Igrexa católica en España, para organizar unha respuesta xenerosa e coordinada ao chamamento que o Papa Francisco dirixiu o pasado domingo ás “parroquias, comunidades relixiosas, mosteiros e santuarios de toda Europa” para acoller aos refuxiados.

Comunicado da Diocese de Lugo ante o drama dos refuxiados

cartel