Un ano máis, xa ben adentrados no tempo pascual, imos lembrando a acción do Espírito Santo ao longo da historia, dende as primeiras comunidades ata as nosas vidas.

A Comisión Episcopal de Apostolado Seglar (CEAS) xa en 1998 sinalaba que o día da Solemnidade de Pentecoste podería chamarse o Día da Igrexa, e non sen razón, aínda que a nivel eclesial celébrase como o Día da Acción Católica e do Apostolado Seglar.

O lema, impulsado pola CEAS a nivel estatal, para este 2015 é “Familia cristiá, apóstoles no mundo”, seguindo a estela dos recentes Sínodos dos Bispos, de xeito que nas nosas familias profundicemos a redescubrir a gran forza evanxelizadora da familia cristiá, e a poñea ao servizo da Igrexa e da sociedade.

2015cartelCEAS

Como se resalta na mensaxe dos bispos españois da CEAS:

As familias deben estar sempre ao servizo de todos os seus membros, especialmente dos nenos, os enfermos e os máis anciáns, que son os máis vulnerables. Este servizo crea unha sensibilidade nova, pois axuda a valorar a todos, non polo que teñen ou polo que aportan, senón polo que son. Servir ao evanxeo da familia e da vida implica ademais o servizo ás outras familias e, sobre todo, ás familias necesitadas.

 A Delegación de Apostolado Seglar de Lugo, coa colaboración da Delegación de Misións, invita a toda as persoas, en especial aos laicos, a vivir con gozo esta festa do Espírito Santo, lembrando que actúa en cada un de nós, e que nos chama a vivir a fraternidade de sabernos irmáns, pulando por defender a dignidade humana e transmitindo a alegría do evanxeo nas nosas familias, nos nosos ambientes e nos nosos traballos.

As actividades previstas nesta intensa semana son:Rolando

O luns 18 de maio, ás 20:00 h., no salón de actos do Seminario Maior de Lugo, en colaboración coa Delegación de misións, haberá unha charla do crego Rolando Ruiz Durán, misioneiro xaveriano, baixo o título “Decreto ad gentes en España“.

No mesmo escenario, no salón de actos Seminario de Lugo, ovenres 22 de maio, ás 20:00 h., contaremos coa presencia de D. Jesús Fernández González, bispo auxiliar de Santiago de Compostela, que impartirá unha charla entorno ao lema da CEAS para este ano: “A familia acolle e transmite a luz.

fernandezgonzalezjesusAo día seguinte, o sábado 23 de maio, a vixilia de Pentecoste será nunha periferia da cidade do Santísimo, sendopor primeira vez na parroquia de S. Lorenzo de Albeiros de Lugo, e comezará ás 19:00 h..

O día grande da Igrexa, o Día da Acción Católica e do Apostolado Seglar, é o domingo 24 de maio, no que celebraremos a solemnidade de Pentecoste cunha eucaristía, presidida polo noso Bispo, D. Alfonso Carrasco Rouco, na catedral de Lugo, ás 13:00 h..

Como nos sinalaba o papa Francisco na eucaristía de Pentecoste do ano pasado:

Resumindo: o Espírito Santo ensínanos o camiño; recórdanos e explícanos as palabras de Xesús; fainos orar e dicir Pai a Deus, fainos falar aos homes no diálogo fraterno e na profecía.

O día de Pentecoste, cando os discípulos «quedaron cheos de Espírito Santo», foi o bautismo da Igrexa, que naceu “en saída”, en “partida” para anunciar a todos a Boa Nova. Xesús foi perentorio cos Apóstoles: non debían alonxarse de Xerusalén antes de recibir dende o alto a forza do Espírito Santo (cfr Fei 1,4.8). Sen El non existe a misión, non hai evanxelización. Por isto con toda a Igrexa invocamos: ¡Ven, Santo Espírito!

Que non nos quedemos no litúrxico, que non permanezamos pechados nas nosas inercias: toca saír fóra, toca abrir as portas, toca abrirnos aos irmáns que sofren e nos que se fai presente Xesús.

Delegación de apostolado seglar de Lugo

Mensaxe dos bispos da CEAS co gallo do Día da Acción Católica e do Apostolado Seglar 2015