963350_84166466b

Con ocasión do 50 aniversario do documento do Concilio Vaticano II, Lumen Gentium, queremos incidir no lema de «Eres luz: ¡ilumina!» para arrincar este curso pastoral 2014/2015 na Delegación de Apostolado Seglar.

Os obxectivos máis importantes a desenvolver son os seguintes:

  • Promover en movementos e parroquias unha formación cristiá que nos comprometa na vida e na Igrexa, en especial propoñendo a dinamización pastoral que ofrece Acción Católica Xeral.

  • Axudar a que os grupos e asociacións asuman as liñas da Pastoral diocesana e implicarse nela

  • Asumir o noso compromiso bautismal, renovando a nosa fe, de estar en todos os ámbitos da sociedade, poñendo un acento especial ante a situación de crise actual

  • Manter informados a todos os grupos e movementos de todas as actividades diocesanas e promover a súa participación activa nelas

  • Seguir impulsando o ecumenismo a nivel celebrativo, vivencial e profético

portada2

De xeito particular, queremos destacar tres aspectos:

En primeiro lugar, en colaboración con diversos sacerdotes e laicos da diocese, continuaremos colaborando para profundizar na formación e compromiso dos seglares como corresponsables na misión da Igrexa. Así, fomentaremos encontros de formación de laicos en: Lalín, Melide, Monforte de Lemos, Quiroga e Sarria.

Por outra banda, na semana de Oración pola unidade dos cristiáns, seguiremos querendo facer visible esa chamada para que “Todos sexamos un” no Señor, a pesar das diferencias que existen entre os cristiáns. O lema do 2015 é: «Xesús dille: Dame de beber (Xn 4, 7)».

Por último, en colaboración coa Delegación de misións, durante os meses de Marzo, Abril e Maio haberá conferencias de formación misioneira en torno á celebración dos 50 anos do decreto conciliar Ad gentes e dos 25 da encíclica Redemptoris missio.

Desde o equipo da Delegación agardamos que durante este curso pastoral nos aventuremos a “avanzar no camiño dunha conversión pastoral e misioneira que non pode deixar as cousas como están”, como expresa o papa Francisco na exhortación “A alegría do evanxeo” (nº 25). Apostemos polo servizo e a entrega en vez do poder e o interese propio; a pobreza e a austeridade en vez da opulencia e a ostentación; o cariño e a tenrura en vez da amargura e a desconfianza.

 

Soño cunha opción misioneira capaz de transformalo todo, para que os costumes, os estilos, os horarios, a linguaxe e toda estrutura eclesial se convirta nun cauce axeitado para a evanxelización do mundo actual máis que para a autopreservación.

Evangelii Gaudium, 27

TRIPTICO – DESCARGAR AQUÍ