Hai xa algúns anos, e destacadamente neste curso 2013/2014, comezaron en diversas vilas reunións formativas para seglares, en concreto en Sarria, Melide, Monforte de Lemos e Quiroga-San Clodio. Non cabe dúbida que sería desexable unha continuidade deste traballo nesas vilas e noutras parroquias lucenses.

Dende a Delegación de Apostolado Seglar consideramos que a pretensión dunha formación de laicos maduros, capaces de evanxelizar, entronca ben coa Acción Católica General, que fai súa a misión apostólica da Igrexa diocesana en cada comunidade parroquial, o cal conleva un acompañamento espiritual por parte dos párrocos que se impliquen nesta tan necesaria tarefa pastoral.

higiniofernandoconsiliario

Este sábado, 14 de xuño de 2014, de 10:30 a 13:00, haberá un encontro de sacerdotes e laicos da diocese de Lugo interesados en coñecer máis de preto esta experiencia pastoral de parroquia, co Presidente e o Consiliario de Acción Católica General, D. Higinio Junquera e D. Fernando Altemir. A reunión será na parroquia do Bo Pastor de Lugo. Agardamos que todos estes esforzos redunden en froitos formativos para seguir pulando por unha igrexa misioneira.

accion-catolica

Cada uno de los bautizados, cualquiera que sea su función en la Iglesia y el grado de ilustración de su fe, es un agente evangelizador, y sería inadecuado pensar en un esquema de evangelización llevado adelante por actores calificados donde el resto del pueblo fiel sea sólo receptivo de sus acciones. La nueva evangelización debe implicar un nuevo protagonismo de cada uno de los bautizados.”

Evangelii Gaudium, 120