Rematando o tempo de Nadal (si, aínda estamos neste tempo litúrxico, por moito que modas consumistas queiran facer esquecernos disto), temos encontros formativos neste primeiro mes do 2.014 en diferentes lugares da diocese de Lugo.

Castelo de Monforte de Lemos

Este venres, 10 de xaneiro de 2014, ás 20:30, en Monforte de Lemos, nos locais da parroquia de S. Antonio (rúa Manuel María, s/n), abordaranse «Algunhas características significativas da nosa sociedade», reunión dirixida por Alfredo Losada, Delegado de apostolado seglar. Lembremos que estas reunións estás enmarcados na temática elixida, que durante este curso terá relación co documento Los católicos en la vida pública, aprobado pola Comisión Permanente da Conferencia episcopal española o 22 de abril de 1.986.

melide

Asemade, o vindeiro martes, 21 de xaneiro de 2013, ás 19:30, en Melide, no salón da parroquia de S. Pedro (rúa Mateo Segade, nº 2), tratarase o tema «A familia de Nazaret», dende claves bíblicas, reunión dirixida por José Antonio Salgado, Delegado de pastoral da saúde e experto biblista. Estas reunións xiran en torno á temática elixida, que este curso 2013/2014 é a familia, igrexa doméstica.

Que todos os seglares acollamos a necesidade dunha maior formación, como sinalan moitos documentos eclesiais e os desafíos pastorais actuais. Nesa liña, o papa Francisco tamén incide neste aspecto na Evangelii Gaudium, no nº 102: “Cóntase cun numeroso laicado, aínda que non suficiente, con arraigado sentido de comunidade e unha gran fidelidade no compromiso da caridade, a catequese, a celebración da fe. Pero a toma de conciencia desta responsabilidade laical que nace do Bautismo e da Confirmación non se manifiesta do mesmo xeito en todas partes.»

Acollamos esta responsabilidade bautismal, aproveitando estes medios de formación e encontro, de coñecemento e escoita da Palabra de Deus.