Neste tempo de advento, teñen lugar novos encontros formativos en diferentes lugares da diocese de Lugo.

En primeiro lugar, este venres, 13 de decembro de 2013, ás 20:30, en Monforte de Lemos, nos locais da parroquia de S. Antonio (rúa Manuel María, s/n), haberá unha reunión formativa en torno á temática elixida, que durante este curso terá relación co documento Los católicos en la vida pública, aprobado pola Comisión Permanente da Conferencia episcopal española o 22 de abril de 1.986. Aínda que o documento non parece recente, aínda está a ser obxecto de estudo e actualización, e o compromiso dos cristiáns nos ámbitos máis ligados á misión dos seglares seguen a ser de actualidade e relevancia.

En segundo lugar, o próximo martes, 17 de decembro de 2013, ás 19:30, en Melide, no salón da parroquia de S. Pedro (rúa Mateo Segade, nº 2), terá lugar outra reunión formativa en torno á temática elixida, que este curso será a familia, igrexa doméstica.

familia

Estos ámbitos de formación e compromiso dos laicos son urxentes, e como sinala Francisco na Evangelii Gaudium, no nº 102: “A formación de laicos e a evanxelización dos grupos profesionais e intelectuais constitúen un desafío pastoral importante”.

Acollamos estas exhortacións e aproveitamos estes campos abertos na nosa Igrexa diocesana para seguir crecendo en comuñón e corresponsabilidade. Non importa que sexa a primeira vez que acudades a estas reunións, animádevos a asistir e participar nestes encontros, valen a pena.