corona adviento

O próximo sábado 14 de decembro, terá lugar o retiro de Advento, organizado pola Delegación de Apostolado Seglar. O lugar será, como en anos anteriores, o Seminario diocesano de Lugo, e será dirixido por D. Jesús Fernández Aira, párroco de S. Francisco Javier.

Invitamos especialmente a todos os seglares, cregos e, en xeral, a todas as persoas que se queren deixar interpelar polo anuncio dunha persoa, Xesucristo, que enche os corazóns e a vida enteira de quen se achega a El.

Haberá un servizo de atención a nenos, para posibilitar ás familias a posibilidade de que os seus fillos, netos ou nenos que teñan ao seu cargo, poidan acudir a este retiro, e ao mesmo tempo que os meniños estean ben atendidos. Para este servizo, pregamos se poñan en contacto con antelación coa organización, mediante chamada ao 639.93.82.16 ou email: laicos@diocesisdelugo.org

Horario:

10:00 Oración

10:30 Primeira sesión

11:30 Reflexión

12:00 Segunda sesión

13:00 Eucaristía

14:00 Hora de remate