É coñecido e fálase do dereito a emigrar, dereito insustituible, que enriquece ao país de acollida, e que ao longo da historia fixo avanzar á humanidade. Contra iso, levántanse muros a cotío.

Non debemos aprender moito. Se voltamos a vista atrás, podemos lembrar o máis famoso muro, o de Berlín (160 Km). Na madrugada do 14 de agosto de 1961, dun día para outro, separáronse veciños, familias, etc., cunha forte diferencia de dereitos e deberes. Todos recoñecemos a barbaridade dese feito, que provocou sofremento, e incluso a morte de aproximadamente 270 persoas que tentaron atravesar ese muro.

muertes muro usa mexicoOs mesmos argumentos que tivemos para rexeitar o muro de Berlín, témolos (ou deberiamos telos) para criticar o muro que se está a facer (previsto en 721 Km) para dividir zonas palestinas e israelíes, para seguir sementando odio, co conto de evitar atentados. Tamén eses argumentos deben valernos para o muro feito por Marrocos no Sahara, de 2.720 Km, para que os saharauis non podan entrar nese territorio. Por certo, valados rodeados por campos de minas. Que dicir dos muros feitos por Estados Unidos (595 Km) para que non entren inmigrantes dende a fronteira con México? Pois que segue a producir mortes (dende 1990 ata 2012, 2.238 persoas), anque mesmo os bispos de USA teñen denunciado esa forma de dividir países, “conducindo á morte a inmigrantes e a violencia relacionada co narcotráfico”.

Ben, pois hoxe, preto de nós, temos que apoiar a denuncia profética sobre o valado que separa Ceuta e Melilla, de Marrocos. Bueno, máis en concreto, as chamadas “concertinas”, que veñen sendo poñer coitelas (cuchillas) ou tecidos de aramios de aceiro cortantes na parte alta dos valados, de xeito que se algunha persoa tenta traspasar o muro, se curten e poidan cercenarse algún membro ou incluso desangrarse.

valla fronteraQue o ministro de interior se declare católico 100%, e que ao mesmo tempo diga que as concertinas “son un elemento pasivo” e “non é un método activo nin agresivo”, a iso chámaselle ser hipócrita e farisaico. Mentras Rajoy dixo que “desconoce si las cuchillas hacen daño a las personas”, alomenos unha persoa, Sambo Sadiako, morreu no 2009 ao carón do valado de Ceuta.

Critican eses aramios de aceiro que atentan vidas humanas, entidades como Cáritas, Hoac, Amnistía Internacional, 45 asociacións máis, ou personalidades como o pai Ángel, Fundador de Mensaxeiros da Paz, ou o galego arcebispo de Tánxer, Santiago Agrelo, que di que as concertinas son “un eufemismo musical que encubre un acordeón de coitelas para destrozar o corpo dos que, sen papeis e con fame, tentan cruzar a fronteira de Melilla”, ou Gil Tamayo, secretario da Conferencia Episcopal Española, que afirmou que as coitelas “non é a maneira, e non se pode atentar á vida e, sobre todo, a das persoas desvalidas que buscan mellores condicións de vida”, xa que “o inmigrante non é un perigo”.

Concertinas-Melilla

O dereito a emigrar é recoñecido pola Igrexa, o mesmo que o dereito a non emigrar, e así Xoán Paulo II, dixo: “A Igrexa recoñéceo (o dereito a emigrar) a todo home, no dobre aspecto da posibilidade de saír do propio país e á posibilidade de entrar noutro, en busca de mellores condicións de vida” (Mensaxe para a Xornada Mundial das Migracións, 2001).

Non podemos alegar que os españois emigraron con contrato, non é certo de todo, e vémolo ben agora, cos xóvenes que van fóra sen ter nada claro o seu presente. Gústanme as intuicións do papa Francisco, como algunha escrita na recente exhortación apostólica Evangelii Gaudium: “A necesidade de resolver as causas estruturales da pobreza non pode esperar” e “Mentras non se resolvan radicalmente os problemas dos pobres, renunciando á autonomía absoluta dos mercados e da especulación financeira e atacando as causas estruturales da inequidade, non se resolverán os problemas do mundo e en definitiva ningún problema.”

 Alfredo Losada Suárez