Año de la Fe LOGO

Non cabe dúbida que a formación dos seglares é fundamental para o crecemento integral como crentes. Como se indica no nº 70 do documento Los cristianos laicos, Iglesia en el mundo, “A formación dos laicos é unha prioridade de máxima urxencia para toda a Igrexa. E non só un interese único dels sos”. Neste senso, “a formación implica un dinamismo, unha actividade, unha metodoloxía e unha preocupación que abranguen toda a vida e que estimulan a autoformación baseada na responsabilidade persoal”.

Alomenos son relevantes tres conceptos: a implicación de toda a igrexa local, a dimensión comunitaria da formación e a responsabilidade persoal. Estes e outros aspectos teñen levado á Delegación de Apostolado Seglar de Lugo a animar, xa non agora, senón dende hai anos, a fomentar espazos e encontros formativos a nivel diocesano, e tamén nas diferentes parroquias.

Xa que logo, co estímulo de seguir espertando esa conciencia e ansia de formación, para un maior compromiso dos seglares na igrexa e na sociedade, convidámosvos aos seguintes encontros formativos, que terán lugar nos seguintes lugares e horas:

  • este venres, 15 de novembro de 2013, ás 20:30, en Monforte de Lemos, nos locais da parroquia de S. Antonio (rúa Manuel María, s/n)

  • o próximo martes, 19 de novembro de 2013, ás 19:30, en Melide, no salón da parroquia de S. Pedro (rúa Mateo Segade, nº 2)

Rematamos cunhas verbas da Exhortación Christifideles Laici, no nº 60: “Hoxe revélase cada vez máis urxente a formación doctrinal dos fieis laicos, non só polo natural dinamismo de profundización da súa fe, senón tamén pola esixencia de «dar razón da esperanza» que hai neles, frente ao mundo e os seus graves e complexos problemas.”

formacion laicos