Todos sabemos que hai ricos e máis pobres. Bueno, en realide poucos ricos (que posúen máis de 2/3 da riqueza mundial) e moitísimas máis persoas pobres, ou quizais mellor falar de persoas empobrecidas, a causa do comercio mundial, plans de axuste do Fondo Monetario Internacional, etc. Tamén sabemos a postura de Xesús, que dicía que non se podía servir a dous deuses: aos cartos, e a Deus. Agora pensemos nas conclusións que podemos sacar disto.

As riquezas en si non deberían ser malas, así en abstracto. Iso si, chama a atención que cando vemos unha película na época dos romanos, p. ex., e saen emperadores cos seus fastos, parece iso chirríanos aos ollos… sobre todo contrastando esa ostentación coa dos escravos ou a maior parte dos habitantes das colonias romanas. Ou se vemos unha película da época do nazismo e aparecen altos cargos nunha casa con piscina e ben vestidos, frente a persoas en campos de concentración. Esas imaxes moléstannos, removen o noso corazón.

foto pobrezaPoñámonos agora no 2013, e vemos como viven moitas persoas ben ricas. Cando estas persoas axudan a outras, incluso poñendo na mesa varios cheques con moitos ceros á dereita, de repente, cambia a nosa percepción da súa vida. A iso chámaselle filantropía. Esa filantropía non é, digamos, querida sen máis. Detrás, hai bos asesores de imaxe e de publicidade (si, véndese moito máis, as persoas que compran nun sitio toman ás veces a súa decisión sabendo que o dono dun local fai cousas boas). E tamén asesores fiscais, porque esas doazóns desgravan moito, é dicir, provocan que teñan que pagar menos cartos a facenda. E tamén detrás hai asesores xurídicos, porque saben que cando unha persoa rica cede algo, case nunca o fai de xeito gratuíto, sempre se busca unha contraprestación, ben sexa facendo que un solo industrial ou rústico sexa urbanizable, ben sexa favorecendo que se lle adxudique un contrato determinado.

Hai unhas claves que o Concilio Vaticano II remarca como verdadeiras expresión da caridade, e así, no nº 8 da Apostolicam Actuositatem dísenos: “Para que este ejercicio de la caridad sea verdaderamente extraordinario y aparezca como tal, es necesario que (…) que no se manche la pureza de intención con ningún interés de la propia utilidad o por el deseo de dominar; se satisfaga ante todo a las exigencias de la justicia, y no se brinde como ofrenda de caridad lo que ya se debe por título de justicia; se quiten las causas de los males, no sólo los defectos, y se ordene el auxilio de forma que quienes lo reciben se vayan liberando poco a poco de la dependencia externa y se vayan bastando por sí mismos.”

Este contraste da nosa forma de actuar por amor, debe servirnos a nós, a Cáritas, etc, para ver se o que facemos vai nesta liña ou non. Esta especie de xuízo tamén témolo que facer con respecto a esas doazóns pequenas, grandes ou enormes de quen detenta moitos cartos e daos en lugares determinados a conciencia.

En relación con isto, hai unha campaña que nestes días sacaron á luz máis de mil entidades que forman a Alianza española contra a pobreza, dentro dela grupos por así dicir “de igrexa”, entre eles Hoac, Cáritas, Acción Católica, etc., co lema “Hai riquezas que empobrecen”. Saíron á rúa o pasado 17 de outubro no Día mundial para a erradicación da pobreza, denunciando que estamos nun sistema inxusto, que hai unha riqueza que crece a costa de empobrecer ás persoas, en definitiva, unha riqueza que persegue o lucro económico por riba dos dereitos humanos.

riquezaqempobrece

Xesús non dubidou: ante o rico, díxolle que abandonara os seus bens, que devolvera todo, e que o seguira. Zaqueo cando é chamado polo carpinteiro de Nazaret para dicirlle que “hoxe entrou a salvación á túa casa”, tívoo claro: devolveu o roubado, e máis catro veces. Deus falou.

Alfredo Losada