A Delegación de Apostolado Seglar da diocese de Lugo, presenta un novo medio de comunicación, a través da súa presencia en internet mediante a web: www.daslugo.org. Unha Igrexa aberta, plural, quere selo tamén mediante unha comunicación fluida das súas actividades e da promoción da formación de todos os cristiáns, que pretende favorecer unha presencia activa dos movementos, asociacións e grupos na vida eclesial.

2013-04-20 15.42.44

Ademais, a web www.daslugo.org quere ser un cauce de comunicación de eventos de interese pastoral, social, económico e político, por todo o territorio da diocese de Lugo, non só aqueles que ocorren na capital lucense, senón tamén nas vilas e pobos.

Animamos a todas as persoas, crentes ou non crentes, laicos asociados ou non asociados, a compartir a través deste canle de comunicación as súas experiencias dun Deus amor, cercano ás persoas e comprometido cos verdadeiros problemas de quen está ao noso arredor. Se todos somos fillos/as dun mismo Padre, loitemos por ser xermolo de esperanza e consolo en especial cara aquelas persoas que sofren de pobreza, enfermidade, soedade e marxinación.

Unha forte aperta en Cristo,

 

Alfredo Losada

Delegado de apostolado seglar