Con motivo de ser o Día internacional para a erradicación da pobreza o 17 de outubro, Mans Unidas Lugo fai público o seguinte COMUNICADO:

Erradicar a fame e a pobreza, dúas realidades que se retroalimentan, é sobre todo unha cuestión de vontade, compromiso e de sensibilización.

Que nestes difíciles momentos é máis necesario que nunca unir esforzos porque as fronteiras da fame no mundo seguen escribíndose con trazos de morte.

Sumámonos á Declaración dos bispos europeos: “A avaricia dalgúns ameaza a supervivencia das poboacións máis vulnerables. Para poñerlle fin é importante instaurar novas regras para que unha minoría non acapare todas as riquezas que se producen, en particular as que proveñen da explotación dos recursos naturais

Desde Mans Unidas Lugo pedimos non quedar indiferentes ante esta inxustiza que atenta contra a dignidade da persoa.

riquezaqempobrece